En toda a zona próxima ao río o chan estaba cheo de plásticos diminutos de todas as cores. Isto é algo moi preocupante, xa que ao ser tan pequenos pasan desapercibidos completamente. No río propiamente, atopamos bolsas, botellas, plásticos, garrafas... A cantidade de lixo que había dentro do río a plena vista era abrumadora!
Algo que nos chamou moito a atención foi que o que parecían "muros" ou "paredes" de terra, por dentro estaban feitas de lixo, incrustado xa alí, formando parte da súa estrutura. De feito, atopamos un carro de bebé! Foi imposible de retirar debido a que estaba sostendo gran parte da estrutura. Moito deste lixo non puidemos quitalo debido a iso.
Comments