top of page
Buscar

Lixo, lixo e lixo!

  • lauravillarotero
  • 28 may 2023
  • 1 Min. de lectura

O pasado xoves 25 de maio saímos ao río Pexegueiro acompañados polo alumnado de 1º ESO B. Marchamos ás 9:15h e comezamos o noso camiño ao río. Collimos as luvas, capachos e contedores e chegamos ao Pexegueiro. Alí separamos ás/aos alumn@s en grupos e dividímonos por diferentes zonas próximas ao río. Mesmo algúns rapaces metéronse no río para limpar con moito esmero.



A pesar da vexetación do lugar, con moitas ortigas, puidemos recoller moito lixo. Isto tamén foi grazas á marabillosa participación d@s alumn@s. Debido ao traballo concienzudo e á abundante calor que facía, paramos a merendar e descansar ás 11:00h. Despois, xa recuperados, continuamos o traballo ata as 12:15h. Recollimos todo e deixámolo no mesmo lugar de antes, cun contedor completamente cheo!



 
 
 

Comments


  • alt.text.label.Instagram

©2023 por Limpando o Pexegueiro. Creado con Wix.com

bottom of page